Cura a vitilixe?
A vitilixe ("vitíligo" en español e inglés) é unha enfermidade cutánea cun trasfondo
xenético e autoinmune ben definido pero da que aínda descoñecemos moitas
cousas. As enfermidades autoinmunes son aquelas nas que as células de
defensa do organismo reaccionan -trabucadamente- contra o propio organismo. A vitilixe é unha enfermidade
autoinmune pero, por fortuna, moi benigna, case é un trastorno meramente estético. Aínda así, a moitos
pacientes moléstalles ter estas manchas. Pódedese facer algo? Pois sí.
Cando as manchas brancas non son excesivamente extensas pode
recuperarse a melanina con fotoinductores (tópicos ou orais) e luz
solar ou luz ultravioleta baixo a estrita supervisión do especialista.


Tamén se pode lograr esta mellora con sol e algúns inmunomoduladores tópicos,
como se ve na seguinte imaxe na que a mellora foi só con unha crema e sol.

No caso de perda de melanina en moita da superficie cutánea pode resultar máis eficaz o
camiño contrario: eliminar a pigmentación das zonas donde aínda permanece, co que mellora
ostensiblemente o aspecto estético.
En calquera caso é moi importante ter especialmente en conta os
CONSELLOS DE FOTOPROTECCIÓN