Verrugas e lunares


Existen moi diversos tipos de lesións benignas na pel: marcas de nacemento, verrugas víricas, anxiomas, lunares (ou nevos melanocíticos), espullas, etcétera. Xa que son benignas, non precisarían ser extirpadas. Pero, ás veces, pódese facer por mellora estética e de forma bastante sinxela.
Algunhas formacións poden eliminarse por afeitado simple, láser, radiofrecuencia, etc. Outras -máis fondas- requiren extirpación clásica con puntos de sutura. En calquera caso, sempre é recomendable remitir a peza extirpada ó anátomo-patólogo para o seu estudo e confirmación da diagnose.