Rosácea


Este padecemento é moi frecuente en Galicia. De feito, a forma máis leve de rosácea: a cuperose -tendencia ó rubor e ás veíñas finas nas fazulas e no nariz- é moi habitual entre as persoas de pel branca e pelo loiro.

En realidade, o termo "rosácea" vén sendo unha abreviatura de "acne rosácea", xa que, aínda que distinta da acne xuvenil, poden tamén aparecer grans vermellos e de pus, dando lugar a distintos tipos de rosácea: rosácea telanxiectásica, pápulo-pustulosa, cuperose simple, rinofima, "nariz vermello", etc.

Nos últimos anos, un avance crucial na dermatoloxía foi observar que moitos casos de rosácea están asociados a un exceso de crecmento de Demodex folliculorum (un ácaro normal na pel de calquera persoa, pero que, cando hai rosácea tende a estar moi aumentado). Reducir con tratamento médico a cantidade de Demodex mellora de forma importante a rosácea cando esta asociado a isto.

No manexo da rosácea é moi importante a fotoprotección aeitada ao entorno e o momento do ano (en Galicia pode obviarse nos meses de inverno) e evitar os factores desencadeantes ou que faciliten o rubor facial: exceso de sol e calor, comidas picantes, ambientes cargados, exceso de alcol, etc.

Na forma pápulo-pustulosa é moi eficaz o tratamento antibiótico tópico ou oral, como vemos aquí.




Cando predominan as veas, o roxo ou o nariz vermello é máis eficaz o tratamento con:

LÁSER DE COLORANTE PULSADO
CONSELLOS PARA A ROSÁCEA