Manchas Cutáneas


Existen diversos tipos de manchas na pel: as de nacemento e as de aparición posterior, e as de pigmentación escura ou máis brancas que o resto da pel. Os léntigos solares e o melasma son dous tipos de manchas adquiridas con exceso de pigmentación moi comúns.

Os LÉNTIGOS SOLARES

son manchas acastañadas que van aparecendo co tempo e coa progresiva exposición ó sol na cara, no dorso das mans e nas zonas máis expostas. Son completemente benignos pero poden eliminarse moi doadamente con láser ou con radiofrecuencia.

O MELASMA

é un tipo de pigmentación acastañada que adoita aparecer na cara de mulleres xoves, moi semellante ó que se coñecía coma "o pano" do embarazo. Está facilitada pola exposición solar desmedida, a utilización de anticonceptivos orais ou o tipo de pel. Neste caso os láseres son case ineficaces pero poden conseguirse bos resultados con protección, cremas con hidroquinona en concentración razoable e eficaz e con perseverancia.