Luz pulsada intensa


Este equipo non é exactamente un láser, porque a luz que produce é de diferentes lonxitudes de onda. Sen embargo, dada a intensidade da enerxía, emitida en poucas centésimas de segundo, poden obterse mi bos resultados en tratamentos dermatolóxicos e técnicas estéticas, maiormente fotodepilación e fotorrexuvenecemento.
Para mellorar a eficacia é recomendable combinar a luz pulsada con outros tratamentos coma o láser de alexandrita -no caso de depilación ou manchas escuras-, co láser de colorante pulsado -para tratar veíñas e roxeces- e co láser fraccionado -para rexuvenecemento cutáneo-.
En Clínica Dermalar dispoñemos dunha luz pulsada Lux-R de Palomar, con lonxitudes de onda de 650 a 1200 nm e un cabezal amplo (46x16 mm) que permite tratar superficies extensas nun periodo relativamente curto de tempo e minimizar as molestias.