ESTAMOS AQUÍ:




A clínica Dermalar é moi accesible, xa que está relativamente céntrica en Santiago de Compostela, na tranquila rúa de Laverde Ruíz, moi próxima á rúa do Hórreo e ó Parlamento de Galicia.

Se acude en automóbil non precisa entrar na circulación do centro da cidade: achéguese á rúa do Hórreo pola circunvalación periférica de Santiago e -sobrepasado o Parlamento de Galicia- torza á segunda rúa á dereita (ver mapa).

Temos un acordo co aparcamento CARACAS, ó que pode acceder tanto dende a rúa do Hórreo como da rúa Irmáns Rey Alvite, a 20 metros da nosa consulta pola saída posterior (Irmáns Rey Alvite).

Se decide vir en tren, tamén estamos a 500 metros da estación camiñando pola rúa do Hórreo.