Láser fraccionado


Este láser non produce un impacto homoxéneo na zona de aplicación. Trata pequenas áreas cutáneas de poucas micras de diámetro, preservando zonas de pel sen tratar entre elas. Este sistema permite que a pel cure "tensando" a zona tratada de forma suave, ó longo de varias sesións, logrando mellorar a textura e flacidez da pel. Produce un leve eritema que dura poucos días e non precisa baixa nin é preciso reducir a vida social. Dispoñemos para este fin dun láser de Erbio de lonxitude de onda de 1540 nm de Palomar, moi útil para rexuvenecemento cutáneo, pequenas cicatrices, algunhas manchas, etcétera.


Aquí pódese ver o resultado en cicatrices de acne despois de 3 (no medio) e 6 (dereita) sesións de láser fraccionado: