Depilación láser
Denomínase "depilación láser" a que se realiza con luz coherente e dunha única lonxitude de onda.
A normativa sanitaria europea esixe que os aparellos láser tipo IV (entre os que están
os utilizados para a depilar) deben ser usados por un "médico ou baixo a
supervisión directa dun médico...".
Na Clínica Dermalar dispoñemos de dous tipos de láser médico: un láser de díodo outro de
alexandrita que se combinan nas distintas sesións segundo a área e o tipo de pelo
(agás os brancos ou canos, resistentes a calquera láser).
As principais contraindicacións destes tratamentos son o embarazo, as
enfermidades fotosensibilizantes ou a toma de medicamentos en doses altas que faciliten a
reacción coa luz.

CONSENTIMENTO INFORMADO DE DEPILACIÓN LÁSER EN FORMATO WORD