PROTOCOLO COVID-19 CLÍNICA DERMALAR
1.-Consultamos noso horario de consulta habitual os luns de 16 a 21, mércores 9.30 a 14.30 e 16 a 21 e venres 9:30 a 14:30.

2.-Non acuda se ten febre, tos, molestias respiratorias ou estivo en contacto con algún doente de Covid-19 recentemente.

3.-Procuren vir unicamente unha persoa (a que debe consultar) e con MÁSCARA. Os menores, persoas maiores ou dependentes poden vir acompañados de unha única persoa).

4.-Os tratamentos estéticos (incluídos láser, depilación, bótox...) xa os estamos realizando, pero sempre con cita previa.

5.-Vostede non vai a coincidir con ningunha outra persoa na consulta nin enredar case nada (agás que teñamos urxencias, retrasos ou imprevistos).

6.-O sentido de circulación é único: unha soa dirección, entrarán sempre polo portal do número 7 de Laverde Ruiz accedendo polo primeiro andar á clínica do dr. del Río e sairán a nivel da rúa por Clínica Dermalar. Persoas con problemas de mobilidade ou necesidades especiais avisar previamente.

7.-Non poderá utilizar os baños excepto necesidade e avisando sempre ó persoal para a súa desinfección.

8.-Pode contactar connosco nos dous teléfonos de que dispoñemos (881 956 698 e o 981 562 065) no horario de consulta (mañás de mércores e venres e tardes de luns e mércores). Ou en calquera momento por correo electrónico (dermalar@clinicadermalar.com) sempre deixándonos un número de teléfono no que nós poidamos chamarlle á maior brevidade.

9.-Todas as xestións de seguimento que se poidan facer por teléfono, correo electrónico ou videoconferencia por Skype ou Zoom serán realizadas preferiblemente así.

10.-O pagamento da consulta pode efectualo en efectivo (con un custo de 60 €) por consulta ou ben abonalo dixitalmente por banca electrónica desde o seu móbil. Non aceptamos tarxetas de crédito.