Consellos para mans irritadas


Lavar as mans poucas veces, as necesarias (de 4 a 5 veces por día), e sempre con auga morna. Evitar a auga fría ou moi quente.

Evitar usar deterxentes e alcalinos fortes.

Secar ben as mans, entre os dedos e os bordes das unllas.

Manter as unllas curtas e arranxadas.

Usar xabóns suaves ou extragraxos.

Aplicar cremas emolientes despois do lavado.

Non usar abrillantadores para mobles, louza, cristal, metais, etc.

Usar os produtos de limpeza sempre con luvas (guantes), incluso con luvas de algodón por debaixo. Por fóra usar luvas de vinilo mellor que de goma.

Non pelar ou espremir froitas (tomates, patacas, cítricos...) coas mans.

Non aplicar tintes ou líquidos cosméticos coas mans.

Usar luvas no frío do inverno.

Non levar aneis no traballo nin lavar as mans con eles postos.

Mellor usar lavadoras e lavalouzas.