Consellos para a dermatite atópica
DEBE EVITAR:
Usar xabróns perfumados ou agresivos, que resequen excesivamente.
Bañar o neno con moita frecuencia.
O contacto con roupa que poida producir irritación (la, fibras sintéticas, nailon)
As causas de sudoración, coma o exceso de roupa.
PROCURE:
Usar roupa de algodón.
Usar limpadores sen xabróns, non irritantes, ou productos sobregraxos.
Hidratar a pel con cremas simples, ás veces mesmo con vaselina.
Manter as unllas cortas.