Consellos de barbeado
1.- Convén que se afeite a diario. En caso de que decida non afeitarse por
distintos motivos, debería deixar a barba durante un tempo máis ou menos
longo: entre 6 e 12 semanas como mínimo. Os descansos de poucos días non son
moi axeitados. Descansar 2 a 3 días, por exemplo, e logo barbearse de novo,
supón alterar a pel e os folículos precisamente cando empezaban a calmarse
da irritación. é mellor retirar o pouco pelo que nace cada día (0,2 a 0, 5
mm) que traumatizar a pel menos veces pero con máis intensidade.
2.-O ideal é barbearse despois da ducha, coa pel aínda húmida e morna, co poro
máis dilatado e o pelo máis mol e asequible. De non ser así debe ablandar
a barba e dilatar o poro apicando vapor suave ou unha toalla empapada en
auga quente ou morna durante 2 a 5 minutos.
3- Escolla preferiblemente rastrillos de barbear de 3 coitelas, recambiando os
cabezais cada 5 a 7 afeitados.O afeitado en seco con máquina eléctrica pode
ser axeitado nalgunhas persoas pero, en xeral, é preferible con coitela.
4.-Aplique unha espuma ou xel adecuado ó tipo de pel: normal, sensible ou seca.
Extenda o producto coa man, con delicadeza, agardando uns segundos a que se
integre coa barba.
5.-En caso de que tivera previamente alerxias, fíxese ben na composición
(que debe traer todo producto dermocosmético) e rexeite aqueles que teñan
sustancias que lle produzan alerxias. Son preferibles os productos con pouco
perfume.
6.-Barbéese no sentido do nacemento do pelo, "a favor de pelo", evitando os movementos bruscos
e procurando que a pel esté tersa. Afeitarse a contrapelo non é
recomendable, agás no repasado ou apurado, e só para persoas que saben que
non lles crea problemas. O barbeado a contrapelo favorece que o pelo se
encarne na pel e produza inflamacións ou foliculites.
7.-Se ten a pel moi sensible debe realizar unha única pasada. As persoas de
barba moi densa poden precisar dous barbeados diario para manter o aspecto
que desexan pero, en xeral, é preferible un único barbeado diario.
8.- Despois do barbeado aclare ben a cara con abundante auga (agora máis
ben morma ou fría) para estimular a pel, pechar os poros e retraer o pelo.
9.- Pode aplicar unha loción calmante para despois do barbeado pero, é
preferible non aplicar nada, e renunciar ós perfumes xa que moitos son
fotosensibilizantes e reaccionan co sol (poderían aplicarse os perfumes na
roupa: camisa, corbata, solapas, etc).
10.- O máis recomendable despois do barbeado sería aplicar diariamente unha
crema protectora solar por toda a cara, especialmente nas persoas que teñen
a pel sensible, cuperose, alerxias solares, etc. Son preferibles os
productos libres de graxa ou oil-free.