O cancro de pel
O cancro de pel non é unha enfermidade única. Existen -simplificando algo- tres tipo básicos: o
carcinoma basocelular, o carcinoma espiñocelular (ou epidermoide) e o temido melanoma, ademáis de outros tipos máis infrecuentes.
Carcinoma basocelular
é un tipo de cancro non excesivamente maligno xa que medra moi
lentamente e non adoita producir metástases. Preséntase coma unha excrecencia
lixeiramente brillante, unha pequena úlcera ou unha cotra de sangue seco
-habitualmente na cara e no tronco- de persoas de mediana ou avanzada idade.
Aquí vemos tres exemplos:



Carcinoma espiñocelular ou epidermoide
Pode ser máis agresivo, xa que sí pode producir metástases,
está máis claramente asociado ó abuso do sol que carcinoma basocelular e
adoita presentarse coma unha escama ou cotra de crecemento rápido, ás veces
sobre pequenas "caspiñas" previas, en zonas expostas ó sol (cara e dorso de
mans). É máis frecuente nos maiores e persoas con baixas defensas.

O melanoma
Por último, é o máis
temido dos cancros de pel, xa que pode afectar a xente xoven e -pasado certo
tempo- produce metástases e a mortalidade é alta. Parece estar relacionado co abuso
intenso e intermitente do sol, sobre todo na infancia e xuventude. O
melanoma pode derivar dun lunar común da pel ou xestarse, xa dende o
principio, coma un melanoma. A diferenciación
cos lunares e a consulta precoz é moi importante xa que -extirpado nas
fases iniciais- cura case sempre.
