Ácido hialurónico


O ácido_hialurónico é unha sustancia que xa existe de forma natural no organismo e, sobre todo, na pel. A súa función é ligar moléculas de auga, dando a turxencia e textura natural dos tecidos. Na pel o ácido hialurónico vaise perdendo cos anos e comezan a aparecer pregas e pequenas engurras no proceso (natural e inevitable a longo prazo!) de avellentamento.

O ácido hialurónico que se inxecta para corrixir engurras e perdas de volume obtense por enxeñería xenética e é identico ó humano, con mínimos aditivos que actúan como aglutinante entre as cadeas de ácido hialurónico, formando unha estrutura -coma unha andamiaxe- que facilita a recuperación da textura da pel.

Non é un tratamento permanente. Dura de 9 a 18 meses segundo a diferente textura do produto. Isto permite ir axustando cada inxección ás necesidades do momento.