Láser de CO2


O láser de dióxido de carbono produce unha vaporización moi selectiva de áreas de pel que nos interesa eliminar. É por iso que é moi eficaz para tratar verrugas, manchas, anxiomas, lesións premalignas, etc.

A aplicación máis interesante deste láser é, probablemente, o rexuvenecemento cutáneo ablativo, especialmente indicado en peles moi avellentadas ou castigadas, con manchas, engurras finas etc.

Trata áreas cutáneas de mínimo tamaño con outras pequenas zonas intermedias respectadas. Así a zona cura en poucos días cun exfoliando ou pelado da zona afectada, notándose a melloría xa en poucos días e nas semanas sucesivas. A roxez residual dura unhas semanas, pero pode corririrse cunha maquillaxe e pode recuperarse a vida laboral e social nunha semana.

Mellora na pel tras aplicar o láser de CO2, unha semana despois (xa completado o exfoliado) e a uniformidade e textura 2 meses despois.